Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Ferrocarrís
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A35 B8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C3 Solución de problemas na aula.
Esta valoración corresponde á modalidade A de avaliación.
O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
20
Traballos tutelados A35 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B3 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Resolución de traballos plantexados aos estudantes ao longo do curso. O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
Estes traballos só se valoran na modalidade A de avaliación.
20
Proba de ensaio A5 A6 A8 A11 A12 A13 A29 A30 A35 B11 B12 B13 B2 B3 B4 B6 C1 C6 Probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos realizadas nas datas establecidas no calendario académico.
O peso establecido para estas probas refírese á modalidade A de avaliación.
O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
60
 
Observacións avaliación

Existen dúas modalidades de avaliación:

MODALIDADE A


Precísase unha asistencia ao 90% das clases para poder acollerse a esta modalidade. No caso de que non se alcance, automaticamente pasaríase á modalidade B.


Nesta modalidade valorarase:


  1. Un traballo de curso, cun 10% da cualificación final.
  2. Prácticas de problemas na aula. Supoñerán un 20% da cualificación final. Se algunha das prácticas non se supera, poderá repetirse unha vez máis. En tal caso, a cualificación máxima será a suma da nota obtida inicialmente máis o 50% da cualificación restante.
  3. Prácticas propostas para realizar fóra de clase. Constituirán o 10% da cualificación final.
  4. Proba de avaliación tipo test a realizar en horas de clase sobre os
    temas que indique o profesorado. A superación desta proba será
    imprescindible para aprobar a materia. Se non se supera na primeira
    ocasión, propoñerase unha segunda proba antes do exame final. No caso de
    que se supere na primeira ocasión, poderase aprobar a parte de teoría do
    exame final obtendo unha cualificación de 5-(2*(nota test - 5)/10). É
    dicir, se se obtén un 10 no test, a teoría do exame final considerarase
    aprobada a partir dunha calificación de 4.0.
  5. Proba de avaliación final. Estará constituída por un exame de tipo teórico (cun valor do 40% da cualificación final) e un exame de problemas (cun valor do 20% da cualificación final). Para poder aprobar o exame é imprescindible que a parte de teoría e a de problemas teñan cada unha delas unha cualificación superior a 5 sobre 10.

Para aprobar a materia é preciso aprobar o exame.

No caso de que os profesores non plantexen a realización dalgunha das actividades anteriores, se prorrateará o peso das demais.

MODALIDADE B

Aqueles estudantes que non satisfagan as condicións da modalidade A ou que estean matriculados a tempo parcial, deberán realizar un exame final, composto por unha parte teórica (70% da cualificación final) e unha parte de problemas (30% da cualificación final). É preciso aprobar ambas as partes por separado para poder superar a materia.

Ademais diso, deberán superar unha proba de avaliación tipo test a
realizar en horas de clase sobre os temas que indique o profesorado. A
superación desta proba será imprescindible para aprobar a materia. Se
non se supera na primeira ocasión, propoñerase unha segunda proba antes do
exame final. No caso de que se supere na primeira ocasión, poderase
aprobar a parte de teoría do exame final obtendo unha cualificación de
5-(2*(nota test - 5)/10). É dicir, se se obtén un 10 no test, a teoría
do exame final considerarase aprobada a partir dunha calificación de 4.0.

Os estudantes que non asistan regularmente a clase deberán contactar co profesorado ao comezo do cuadrimestre.

En ambas as modalidades, no caso de que se aprobase (cualificación maior ou igual a 5 sobre 10) só una das partes da proba de avaliación final (teoría ou problemas) na primeira oportunidade, a cualificación da parte aprobada manterase para a segunda oportunidade, non sendo preciso realizar un novo exame da devandita parte.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes