Proba mixta |
A2 A3 A5 A6 A19 C1 C6 C9 |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|
50 |
Proba práctica |
A5 A6 A8 C9 |
Proba que valora o desempeño práctico do estudante fronte a supostos plantexados polo profesor.
Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico.
Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
40 |
Sesión maxistral |
A2 A3 A5 A6 A7 A8 A10 A15 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C9 |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propondo cuestións, facendo aclaracións e expondo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Os contidos abordados nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación continuada mediante probas de comprensión que se realizarán, de forma aleatoria, en diferentes momentos do cuadrimestre, e/ou traballos tutelados.
Ademais, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas. |
10 |