Proba mixta |
A2 C1 C9 |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
70 |
Sesión maxistral |
A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C9 |
Tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Os contidos abordados nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación continuada mediante probas de comprensión que se realizarán, de forma aleatoria, en diferentes momentos do cuadrimestre, e/ou traballos tutelados.
Ademais, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas. |
10 |
Para superar a materia a NOTA obtida deberá ser igual ou superior
ao 50% da puntuación posible, sendo imprescindible alcanzar unha puntuación
mínima de 5/10 puntos na proba mixta, e
de 4/10 puntos na proba práctica. Se a cualificación obtida da ponderación da proba mixta e da proba
práctica resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero una das partes non
alcanza o mínimo esixido, a cualificación final será de suspenso (cunha
puntuación de 4,9/10 puntos). Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba mixta ou
proba práctica) no exame de 1ª oportunidade (maio/xuño), gardarase a
cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a
convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo). As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas
modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no
entanto, o valor do exame (proba obxectiva e proba práctica) nunca será
inferior ao 70% da nota final, e o valor da avaliación continuada (traballos
tutelados e lecturas) nunca será superior ao 30%.
|