Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  DOCUMENTACIÓN E ESTADÍSTICA SANITARIA
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Neste tipo de sesións utilizarase a Resolución de Problemas, Role Playing e outras en función das necesidades docentes existentes no curso en marcha.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías de información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e unha canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Traballos tutelados Neste apartado englobamos a evaluación continuada do estudante, que dependendo da evolución da asignatura poderá ser evaluada mediante pequenas probas/recensions/comentario de lecturas o final de cada clase ou mediante a elaboración dun traballo máis elaborado.
Neste útlimo caso, o alumnado realizará un traballo de revisión bibliográfica, individual ou en grupo en función da matrícula, sobre un tema proposto en clase. O traballo contará coa titorización do profesor para a súa elaboración, destinando tempo presencial das horas de docencia práctica e interactiva para a adquisición das destrezas precisas para poder levalo a cabo. A metodoloxía tanto de realización coma de presentación abordarase específicamente durante o transcurso das clases.
Proba práctica Faráse unha proba práctica durante o curso (poderá ser na data de avaliación oficial ou previamente, dependendo do discurrir da materia) para valorar o nivel de coñecementos adquiridos na materia.
Proba obxectiva Proba obxectiva sobre os conceptos da parte de estatística. Realizaráse na data establecida oficialmente para a realización do exame final. A metodoloxía da proba será comentada na presentación da asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes