Prácticas a través de TIC |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías de información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e unha canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado. |
Traballos tutelados |
Neste apartado englobamos a evaluación continuada do estudante, que dependendo da evolución da asignatura poderá ser evaluada mediante pequenas probas/recensions/comentario de lecturas o final de cada clase ou mediante a elaboración dun traballo máis elaborado.
Neste útlimo caso, o alumnado realizará un traballo de revisión bibliográfica, individual ou en grupo en función da matrícula, sobre un tema proposto en clase. O traballo contará coa titorización do profesor para a súa elaboración, destinando tempo presencial das horas de docencia práctica e interactiva para a adquisición das destrezas precisas para poder levalo a cabo. A metodoloxía tanto de realización coma de presentación abordarase específicamente durante o transcurso das clases. |
Proba práctica |
Faráse unha proba práctica durante o curso (poderá ser na data de avaliación oficial ou previamente, dependendo do discurrir da materia) para valorar o nivel de coñecementos adquiridos na materia. |