Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Orientación profesional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 O alumnado realizará unha proposta de aprendizaxe-servizo (ApS): proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e servizo á comunidade nun só proxecto, no cal as persoas participantes se forman traballando sobre necesidades reais da contorna co obxectivo de mellorala. No contexto dos plans de estudos da UDC, a proposta de ApS efectuarase, de ser posible, no marco das distintas materias da titulación, coordinándose co profesorado responsable destas. 50
Estudo de casos A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B8 B10 B11 B13 C3 C4 C6 O alumnado enfrontarase ante a descrición de situacións específicas que suscitan un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 30
Proba de ensaio A6 B3 B4 B10 B11 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 20
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE: considerarase alumnado asistente a aquel que
presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso;
por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha
folla tanto á entrada como á saída. Ata un 20% das clases poderán
desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios
que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases, pero que
será necesaria a asistencia para alumnado considerado como presencial. O
alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.


Os exemplares da realización dos traballos tutelados e do estudo de casos (80% da
cualificación) enviarase telematicamente e de non ser
posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara,
empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un
uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.O
prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
O alumnado realizará tamén unha proba escrita da
totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia (20% da
cualificación).

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún
grupo,
non realice as prácticas correspondentes (traballo tutelado e estudo de casos) ou non
asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente. O
alumnado que teña un 20% de faltas de asistencia considerarase non
asistente e deberá presentar a resolución de tarefas asignadas para os traballos tutelados e estudo de casos obrigatoriamente de maneira individual (que
deberán ser avaliadas como aptas dentro do 80% da cualificación) e
realizar unha proba escrita da
totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia (20% da
cualificación).

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios
que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario
que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao
profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de
ensino-aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes