Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Convivencia. mediación e resolución de conflitos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 A13 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B8 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C3 C4 C6 C8 Valorarase a competencia do alumnado no resumo e na valoración argumentada de cada texto empregado na elaboración do traballo, así como na comparación entre os mesmos, coa fin de:
• realizar unha síntese crítica e orixinal, e
• analizar o caso ou a cuestión/problemática escollida.
80
Presentación oral A8 B5 B7 B12 B15 C1 C6 Esta actividade consiste na participación en xeral (en clase e/ou a través do foro en Moodle), e tamén na exposición grupal de en clase (de 15-20 minutos) dun artigo, informe ou capítulo de libro (a escoller entre os títulos que se presentarán en Moodle).

Respecto á exposición grupal, valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, cada estudante debe obter polo menos o 50%
dos puntos correspondentes a cada unha das actividades de avaliación.

En caso de non superar a materia na primeira oportunidade, o alumnado realizará un exame sobre os contidos da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes