Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  A Contorna como Recurso Educativo 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B4 B5 C1 C9 Intervención baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado. Cada grupo deberá expor o seu traballo tutelado e responder as consideracións e preguntas realizadas polo profesorado da materia e os seus propios compañeiros. 30
Traballos tutelados A3 A15 A17 B1 B2 B8 C4 C9 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Cada grupo deberá realizar un traballo seguindo os criterios que serán indicados polo profesorado da materia. 70
 
Observacións avaliación

O alumnado será
avaliado a través dun traballo tutelado que poderá ser realizado grupalmente e,
excepcionalmente e por causas xustificadas, de forma individual. Para que o
alumnado sexa avaliado polo traballo tutelado e a exposición oral deberá
participar polo menos no 80% das sesións. Se o estudante non alcanza
este nivel de participación, será avaliado polo traballo tutelado e por unha proba
individual. Neste caso, os dous ítems de avaliación (traballo e proba
individual) terán unha ponderación do 50%, solicitándose en cada un deles unha
nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Este sistema de
avaliación será o mesmo para a primeira e segunda oportunidade, entendéndose
que o alumnado que alcanzase os requisitos de participación, ten dereito a ser
avaliado a través do traballo tutelado e a exposición oral nas dúas
oportunidades.

As dúas opcións
de avaliación son aplicables aos alumnos con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial, en función de se alcanzan ou non o 80% de participación nas sesións da materia.

Aqueles alumnos
con dispensa académica de exención de asistencia terán que avaliarse a través
do traballo tutelado e a proba individual, cunha ponderación do 50%,
solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para
aprobar a materia.

NOTA: a metodoloxía “Saídas de campo” está suxeita á
posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Aínda no
caso de non aplicarse o plan de continxencia, se non se dan as condicións de
seguridade adecuadas, esta metodoloxía poderase substituír por sesións de
aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas
metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión
maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes