Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil
 Asignaturas
  Investigación e Innovación en Didáctica das Ciencias Sociais 
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Propoñeranse diferentes lecturas sobre traballos actuais que versen sobre diferentes innovacións e investigacións en Didáctica das Ciencias Sociais.
Recensión bilbiográfica Traballos en grupo que consistirán na análise de bibliografía para obter conclusións sobre algún aspecto específico da materia.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupo de forma colaborativa coa axuda do profesor orientada fundamentalmente ao desenvolvemento do traballo tutelado.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesorado utilizando presentacións e medios audiovisuais e incorporando debates sobre as cuestións tratadas, polo que serán tamén sesións de marcado carácter interactivo, promovendo a participación do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, consistirá na formulación e desenvolvemento dunha investigación ou innovación propia do campo da Didáctica das Ciencias Sociais.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que o alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poderán estar coordinados polo profesorado.
Análise de fontes documentais Actividades que se realizarán ao longo da materia onde se analizarán diferentes fontes documentais. Por unha parte, artigos de investigación sobre Didáctica das Ciencias Sociais e, pola outra, diferentes recursos didácticos para o ensino aprendizaxe das Ciencias Sociais, preferentemente libros de texto, desde unha perspectiva crítica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes