Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 Consiste nun informe no que o alumnado dá conta das aprendizaxes construídas e reflexiona sobre proceso de aprendizaxe e sobre as relacións cos contidos do resto das materias do mestrado.
Os criterios de avaliación e cualificación concrétanse nunha rúbrica que se presenta o primeiro día de clase.
25
Presentación oral C1 C3 Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade.
A presentación será co-avaliada polo alumnado a través dunha rúbrica elaborada e consensuada co alumnado.
10
Prácticas a través de TIC C3 Consiste na construción dun marcador social e da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados e a análise e valoración realizada polo alumnado sobre a súa contorna persoal de aprendizaxe.
10
Traballos tutelados A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 O resultado do traballo tutelado é unha unidade didáctica de orientación profesional para un dos módulo da especialidade escollido polo alumnado. Os criterios de avalición e cualificación recóllense nunha rúbrica que se presenta o primeiro día de clase.
Utilizanse técnicas de auto e coavaliacion para valorar e cualificar o funcionamento do grupo e as achegas individuais ao traballo grupal.

Nunha sesión de titoría grupal obrigatoria proporcionarse , a partir dos criterios de avaliación e cualificación da matriz de valoración , información sobre os aspectos destacables e a mellorar da unidade didáctica.
55
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA   E SISTEMA DE AVALIACIÓN
 
A asistencia ás  aulas presenciais e virtuais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e  que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar  e entregar  as actividades feitas na aula.   
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas.  Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e no traballo tutelado e ter realizadas o resto das actividades. Na avaliación da  segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades  non superadas.

Ó rematar as aulas  e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal coas actividades realizadas en grupo e coas fichas de auto-avaliación, co-avaliación e coa  planificación do traballo grupal.  Os resultados da co-avaliación  teñen efectos  na cualificación individual de cada alumna e alumno. 

As persoas que non manteñan unha asistencia regular, realizarán  unha proba mixta (de ensaio sobre os contidos da materia e de aplicación práctica) e  as tarefas grupais   faranas individualmente.  Neste caso, a distribución das cualificaciones é a seguinte: proba mixta (4 puntos), traballo tutelado (4 puntos), presentación oral (1 punto) e as prácticas a través das TIC (1 punto). Para superar a materia teñen que obter  a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado. Na segunda oportunidade recuperarán as partes non superadas.


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

a) Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 
b) Plaxio
O plaxio en calquera das tarefas  será motivo de suspenso, en aplicación do artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que  establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes