Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Practicum
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Practicum Código 652608806
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Ferreiro Fernandez, Manuel
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Martinez Lopez, Maria Josefa
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Perez Pascual, Jose Ignacio
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
manuel.ferreiro@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
maria.josefa.martinez@udc.es
montserrat.muriano@udc.es
xulio.pardodeneyra@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
iria.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral Para o alumnado deste Máster, as prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para a futura vida profesional: éntrase en contacto co oficio sen a responsabilidade e as urxencias que comporta dirixir un grupo de alumnos/as. Grazas ás prácticas, os/as estudantes poderán coñecer de primeira man as tarefas que levan a cabo nun centro educativo de Ensino Secundario, e terán, así mesmo, a posibilidade de establecer relacións frutíferas con profesores/as de Ensino Secundario e do ámbito universitario (destes/as últimos/as, parte son tamén docentes noutros niveis educativos). As prácticas están deseñadas para ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de observar e analizar os contextos en que vai desenvolver o seu labor, de tal modo que poida alcanzar un coñecemento vivencial do traballo docente. Espérase que os/as estudantes tomen as prácticas como a oportunidade que son, e non só como unha parte máis destes estudos de posgrao. Esa oportunidade bríndana os centros e o profesorado de Ensino Secundario, e así deben recoñecelo a Universidade e o alumnado en prácticas. Agora ben, o recoñecemento é compatible cunha actitude de observación reflexiva e vixiante, propia do momento formativo en que nos atopamos. Non se debe aspirar á mera reprodución dos modelos de acción observados; pola contra, esas e outras posibles alternativas de actuación profesional han de ser obxecto de análise e reflexión. A práctica que se desenvolve nos centros educativos só se pode comprender se se entende como se foi constituíndo o proceso de escolarización e como os axentes internos e externos actúan sobre el. Para isto é necesario construír un coñecemento sistematizado e profundo sobre a praxe docente, isto é, saber que se fai, por que se fai, para que se fai, que se podería facer e que é o que non se debe facer. Este coñecemento virá complementar, sen dúbida, os obtidos nas fases anteriores do Máster (módulos xenérico e específico), e a miúdo achegará un contrapunto enriquecedor. As prácticas serán tamén unha experiencia formativa para o profesorado titor dos centros de ensino (cuxa colaboración nunca se agradecerá bastante), debido a que lle dan a ocasión de reflexionar críticamente sobre o seu traballo e os seus hábitos na día a día da aula, así como unha oportunidade para entrar en contacto —aínda que sexa brevemente— coa reflexión didáctica que se fai fóra dos centros de Ensino Secundario. Non menos enriquecedora será a experiencia para o profesorado da Facultade (parte do cal, como xa se apuntou, exerce tamén a docencia en niveis preuniversitarios). Grazas ás prácticas, os/as titores/as da UDC terán a oportunidade de observar o contraste as mensaxes e estratexias de traballo de corte teórico e a práctica vivida nos centros.
Plan de continxencia METODOLOXÍAS Nunha situación extraordinaria, as metodoloxías modificaríanse tendo en conta o número de horas presenciais que o alumnado cumprise antes da creba da normalidade. Se houbese algún caso que non se axustase a ningún dos escenarios previstos, a Comisión Académica do mestrado estudaríao separadamente. Escenario n.º 1: cumprimento da totalidade das horas presenciais previstas. Todas as prescricións recollidas na guía docente —tanto ás referidas á planificación como as tocantes á avaliación— manterían a súa vixencia. Con todo, cabería a posibilidade de que se modificasen os prazos de entrega, corrección e revisión das memorias, se as circunstancias o aconsellasen. Calquera modificación deste tipo anunciaríase con antelación suficiente. Escenario n.º 2: cumprimento da metade das horas presenciais previstas. Neste caso, a perda de horas de estadía no centro de prácticas veríase compensada por medio da realización de traballos tutelados que se integrarían na memoria, sempre con vistas a completar os seus distintos apartados. A dirección e supervisión destas tarefas —que se realizaría por vía telemática— ficaría nas mans dos/as titores/as da UDC. Saídas de campo Competencias: A33 A34 A35 Horas presenciais: 42 Horas non presenciais / traballo autónomo: 108 Horas totais: 150 Traballos tutelados Competencias: A32 A33 A34 A35 Horas presenciais: 0 Horas non presenciais / traballo autónomo: 141 Horas totais: 141 Escenario n.º 3: cumprimento de menos da metade das horas presenciais previstas. Do mesmo xeito que no escenario n.º 2, o alumnado tería que compensar, por medio de traballos tutelados integrados na memoria, a mingua do número de horas de presenza no centro. Agora ben, como o acortamento da estadía sería maior do que no escenario precedente, sería necesaria, ademais, a resolución dun suposto práctico —deseñado polo coordinador/a do itinerario— que tamén se integraría na memoria de prácticas (para máis información, véxase a «Guía das prácticas docentes»). Saídas de campo Competencias: A33 A34 A35 Horas presenciais: 25 Horas non presenciais / traballo autónomo: 125 Horas totais: 150 Traballos tutelados Competencias: A32 A33 A34 A35 Horas presenciais: 0 Horas non presenciais / traballo autónomo: 141 Horas totais: 141 Escenario n.º 4: non se produciu a incorporación do/a estudante ao centro de prácticas. Optaríase por unha formación telepresencial, sempre que os centros de prácticas o permitisen; de non ser posible, proporíase unha formación alternativa de carácter práctico. En calquera caso, o traballo tutelado sería avaliado en exclusiva polo titor da UDC, como en circunstancias normais. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO O/a titor/a da UDC debe ofrecer ao alumnado a posibilidade dun contacto regular —indispensable para unha titorización efectiva— por medio do correo electrónico institucional e/ou das plataformas de teleformación que ofrece a Universidade (Moodle, Microsoft Teams). MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN Non se modificaría o peso que na cualificación final teñen as dúas metodoloxías propias da materia: a saída de campo (é dicir, a estadía no centro de prácticas) e o traballo tutelado (é dicir, a memoria de prácticas, con ou sen adicións, segundo o escenario en que se achen os/as alumnos/as). OBSERVACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN: - A cualificación final será a media das outorgadas polo/a titor/a de centro (que valora o desempeño do/a estudante durante a estadía) e polo/a titor/a da UDC (que corrixe e puntúa a memoria das prácticas). - Para superar as prácticas cómpre conseguir o aprobado nas dúas partes da materia; no caso de que unha delas non se supere, a nota final do/a estudante será precisamente a desa parte. - A memoria das prácticas é recuperable. Se un alumno non supera a materia na primeira oportunidade por causa da memoria, poderá mellorala e entregala na segunda. - As prácticas propiamente ditas (isto é, os labores realizados polo/a alumno/a no seu centro de destino) non son recuperables: a cualificación obtida na primeira oportunidade mantense na segunda. - Antes de publicar as cualificacións finais, os/as titores/as da UDC deben ofrecer ao alumnado a posibilidade de revisar a memoria e, de ser o caso, reconsiderar a súa cualificación. Se as circunstancias o fixesen necesario, a revisión tería lugar a través de canles telemáticas. En canto ás cualificacións outorgadas polos/as titores/as de centro, non é susceptible de emenda: o alumnado só pode pedir que se lle dean a coñecer as puntuacións concedidas nas diferentes casas da «grella» de avaliación. - A memoria de prácticas —con ou sen adicións, cf. supra— deberá subirse á aplicación Prácticum (http://www.educacion.udc.es/app-secundaria/) dentro do prazo estabelecido no calendario oficial (consultable na «Guía das prácticas docentes»). Se os/as titores/as da UDC requirisen a entrega dunha copia adicional da memoria por outra canle, esta debería ser de carácter telemático. - Se a UDC contemplase esta posibilidade, poderíase elevar á Xunta de Facultade, previa aprobación da Comisión Académica do Mestrado, unha proposta de modificación das datas de realización do Prácticum. - As cualificación das prácticas poderán ser: - Non presentado - Suspenso (de 1 a 4,9 puntos) - Aprobado (de 5 a 6,9 puntos) - Notable (de 7 a 8.9 puntos) - Sobresaliente (de 9 a 10 puntos).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes