Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Intervención Psicopedagóxica nos Trastornos do Desenvolvemento
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Realizar tarefas de orientación educativa, persoal e profesional dos alumnos.
A2 Promover a inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais.
A3 Detectar e diagnosticar os problemas de aprendizaxe que se presentan no ambiente escolarizado e non escolarizado.
A5 Comprender os modelos teóricos da psicoloxía educativa e da pedagoxía contemporáneas.
A6 Comprender os factores que permitan a mellora dos procesos educativos.
A7 Coordinar e incentivar a acción titorial do profesorado.
A9 Orientar sobre os materiais didácticos e recursos educativos favorecedores da atención á diversidade.
A12 Organizar e apoiar programas de axuda a persoas ou colectivos excluídos ou en risco de exclusión.
A13 Diagnosticar as diferentes dimensións, áreas e ámbitos de intervención psicopedagóxica.
A15 Colaborar no deseño, na aplicación e na avaliación de auditorías de calidade nos procesos educativos.
A18 Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención e de investigación sobre a incidencia e os efectos psicopedagóxicos da introdución de determinados medios, materiais e tecnoloxías no ensino.
A21 Potenciar a utilización de estratexias favorecedoras do ensino cooperativo.
A23 Fomentar a investigación-acción nos centros educativos.
A25 Desenvolver aptitudes e competencias que favorezan o traballo en contornos multiculturais.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Aprender a aprender.
B3 Capacidade de resolución de problemas.
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica.
B6 Preocupación pola calidade.
B7 Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas.
B8 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
B9 Traballar de forma colaborativa.
B11 Rigor profesional.
B12 Apertura á formación continua.
B13 Creatividade.
B15 Capacidade de crítica e autocrítica.
B17 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes