Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, comprender e valorar o coñecemento científico aportado desde a Psicoloxía do Desenvolvemento ao estudo dos procesos de cambio comportamental que se producen nos seres humanos como resultado de procesos de crecemento, desenvolvemento, experiencias vitais significativas (denominado xenericamente cambio evolutivo). A2
Coñecer e comprender a evolución psicolóxica das nenas e dos nenos no nivel educativo de infantil, é dicir, na primeira (0-3) e segunda infancia ou nenez temperá (3-6 anos) A2
A3
A4
A15
Coñecer e identificar as principais características psicoevolutivas do alumnado de educación infantil nas súas dimensións ou dominios cognitivo e social-relacional e a súa interrelación e continuidade. A2
A3
A4
A15
Identificar e analizar algunhas das características psicoevolutivas do alumnado na etapa de educación infantil, a través da observación, de autoinformes e estudos clínicos. A2
A4
B1
B5
B11
Planificar e realizar tarefas de forma crítica e creativa, como froito dun pensamento diverxente. B24
C6
Manexar ferramentas informáticas e utilizar distintos recursos da rede para a procura de información. B1
B5
B11
C6
C7
Elaborar táboas, perfís, cadros .... para a presentación de datos, puntuacións ou información. B1
B11
Elaborar informes de forma sistemática e planificada a partir de datos obtidos da aplicación de cuestionarios u observación. A4
B1
B5
B24
C6
Entender o caracter interactivo do proceso de ensino/aprendizaxe nas situacións educativas, e en consecuencia valorar a asistencia á clase como o contexto en que se materializará o mesmo. B1
B5
B24
Valorar a participación, o diálogo e o debate, cunha actitude de respecto, tanto cara ás quendas como ás ideas, como formas de implicación activa e compromiso coa aprendizaxe. B1
B5
B24
C6
C7
Sensibilizarse, comprometerse activamente, responsabilizarse e avaliar o propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo hábitos de traballo, esforzo, responsabilidade e actitudes de curiosidade, rigor científico e interese pola aprendizaxe e o traballo ben feito. B1
B5
B24
C6
C7
Desenvolver técnicas e actitudes favorábeis á cooperación, coparticipación, compromiso e intercambio con outras compañeiras e compañeiros e desenvolver formas de conversación e pensamento exploratorias que favorezan a comprensión e construción do coñecemento. B1
B5
B24
C6
C7
Recoñecer e valorar as diferenzas individuais rexeitando a discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais. Aceptar e valorar a diversidade B5
B24
Desenvolver actitudes favorábeis ao desenvolvemento sotibel C4
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes