Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da expresión musical
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización dunha proposta didáctica que, fundamentada na revisión e análise de documentos, bases de datos, páxinas web, etc., terá dúas partes: a presentación dunha coreografía e a elaboración de elementos didácticos con material manipulable.
Estas propostas poderán ter o apoio dos seguintes recursos:
1. Musicalización de textos, dramatización musical e creación de xogos musicais.
2. Interpretación de pezas vogais, instrumentais e mixtas.
3. Empleo de playback, audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc.
Os traballos serán realizados por grupos de cinco membros como máximo, e para que sexan válidos deberán responder aos obxectivos e contidos da materia.
Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na formulación de preguntas e exercicios prácticos relacionados có temario oficial. A segunda (oral) consistirá na execución dunha ou varias cancións (a elección do profesor), dentre as obrigatorias do curso. As cancións leeránse e mediranse (solfeo), cantaranse a capella e interpretaranse coa frauta doce.
Obradoiro Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vogal.
2. Interpretación instrumental (tanto de modo individual como colectivo).
3. Elementos básicos de dirección vogal e instrumental.
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical.
Investigación (Proxecto de investigación) Indicarase un traballo de investigación relacionado coa materia. As orientacións do profesor/a guiarán ao alumnado no proceso de realización. Indicaranse lecturas obrigatorias e recomendadas.
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Prácticas a través de TIC Emprego de recursos informáticos tanto para a realización dos traballos tutelados, como para a investigación, onde se deberá facer unha análise estadística dos resultados.
As Tic tamén se poden empregar como recurso complementario para a práctica do dictado musical.
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento na aula dos conceptos fundamentais dos contidos propostos.
Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios, congresos ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes