Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 B4 B8 B9 C1 Valorarase a exposición, a argumentación e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas. 50
Traballos tutelados A38 A39 A40 A41 A42 B3 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C6 C7 C8 Valorarase a dificultade do tema elixido, a metodoloxía de exposición ou produción do documento audiovisual, a súa orixinalidade, a súa coherencia co informe escrito, a súa pertinencia; a exposición dos resultados e a argumentación e a síntese das conclusións. 20
Prácticas de laboratorio A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B12 B15 B18 B19 C1 C3 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,...
Para cumprir o obxectivo da avaliación continua, estas tarefas ou prácticas poderanse realizar sen previo aviso en calquera franxa horaria asignada á materia.
30
 
Observacións avaliación

Non se admite a dispensa académica de exención de docencia.

As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.

Se no exame final (Proba mixta) non se acada unha nota mínima de 4,5 sobre 10, non se fará media cos traballos e a nota final da materia será a do exame.

Os test de cada un dos temas son
optativos para aqueles que cumpran unha asistencia mínima do 80% das sesións de aula. Se o estudante os realiza no horario estipulado e fixado dende inicio do curso, e a media dos 5 test é igual ou superior
a 5, incrementará ata 1 punto a nota final do estudante, sempre que a
cualificación de cada unha das demais metodoloxías sexa igual ou superior a 5,0
(sobre 10).

Na 2º Oportunidade a avaliación farase do mesmo modo que no exame da 1ª Oportunidade.

O estudante que non
asista presencialmente ao 80% das sesións de aula, non será avaliado mediante o sistema
anterior. Será avaliado mediante un exame final (100%).

Se o estudante non asiste ao 80% das sesións de aula e realiza os traballos programados (traballo tutelado en grupo), este suporá o 20% da cualificación final e o exame o 80% sempre e cando alcance un mínimo de 4,5 puntos sobre 10. Se no exame non se acada un 4,5 para a avaliación non se terán en conta o traballo, soamente contará a cualificación do exame.



Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario de Moodle unha foto que o identifique.

Nos traballos de avaliación que se entreguen, os contidos
incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no
apartado de referencias usando certas normas. O texto literal debe declararse
usando ditas normas. No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das
ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un
signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a
excelencia académica.

Recoméndase consultar:

https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html

Tense que evitar o plaxio.

As citas e as referencias a calquera texto debe declararse,
o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a
fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE
AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E
MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de
2013 e modificada o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na
realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal,
incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa
procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes