Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Participación activa nos distintos obradoiros programados na aula, así como as programadas fóra desta. Levarase un control de asistencia que será imprescindíbel para optar á avaliación desta parte da materia.
Así mesmo, as actividades desenvolvidas nos Obradoiros poderán tamén ser avaliadas a partir de textos escritos solicitados ao alumnado sobre os contidos traballados nestes.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.
Lecturas Lectura de fragmentos ou obras seleccionadas de literatura infantil e xuvenil, así como de textos, de recoñecido prestixio científico, especializados en didáctica da literatura infantil e xuvenil, en animación á lectura e en educación literaria en termos xerais.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Portafolios do alumno Desenvolvemento dun traballo individual ou en grupo (en función do alumnado matriculado na materia) sobre un tema traballado nas clases interactivas. Terase en conta a capacidade para seleccionar fontes bibliográficas de calidade, así como a capacidade para elaborar un discurso sintético, claro e correcto do punto de vista expresivo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes