Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Sistemas alternativos de comunicación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sistemas alternativos de comunicación Código 652G02037
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Gomez Taibo, Maria Luisa
Correo electrónico
luisa.gomez.taibo@udc.es
Profesorado
Gomez Taibo, Maria Luisa
Correo electrónico
luisa.gomez.taibo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta é unha materia na que se trata de dotar o futuro mestre das ferramentas necesarias para facilitar o acceso ó curriculum ordinario e adaptado a á comunicación do alumnado con necesidades educativas especiais sen fala o con trastorno severo da fala por mor de discapacidades conxénitas ou adquiridas. O uso de sistemas alternativos de comunicación baseados en símbolos gráficos coma os SPC, BLISS, PIC, a ortografía, etc., signos manuales, e o uso de opcións de alta e baixa tecnoloxía de apoio á comunicación xunto con programas especiales para a comunicación e a escritura serán as ferramentas básicas para a participación e a aprendizaxe escolar do alumnado con discapacidade e trastornos da comunicación e da linguaxe.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá cambios nos contidos desta materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral: impártese virtualmente. - Proba obxectiva: a avaliación será continua e virtual e tamén se manterá a proba obxectiva final. - Eventos científicos e/ou divulgativos: son desenvolvidos virtualmente. *Metodoloxías docentes que se modifican En caso de confinamento - Obradoiro: as prácticas dos sistemas alternativos non asistidos se impartirán virtualmente. As aprendizaxes serán supervisados por vía telemática por grupos de traballo. - Aprendizaxe colaborativa. Os membros dos grupos de traballo colaborarán virtualmente para a realización das tarefas asignadas. - Simulación: os casos prácticos serán prantexados e resoltos telemáticamente. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Teams: a) Haberá unha sesión semanal virtual en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario. b) Haberá dúas sesións semanais para a atención en pequeno grupo (grupos de traballo de ata 5 persoas) para o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados e para axustarse as necesidades da aprendizaxe do alumnado. Correo: O alumnado poderá facer uso do correo electrónico para as consultas breves que precisen, ou para solicitar encontros virtuais en Teams para a resolución das dúbidas que puideran ter, e facer o seguimento dos traballos tutelados. 4. Modificacións na avaliación Non se realizarán cambios. Se manterán os mesmos criterios establecidos na guía docente tanto para o alumnado con dedicación completa como para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. *Observacións de avaliación: Polo tanto, OS REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA PARA TODO O ALUMNADO calquera que sexa a súa dedicación son: 1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (proba obxectiva e traballos tutelados). 2.Entregar os traballos tutelados na data que se indique. 3.A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. O alumnado dispoñerá de todos os materiais de traballo en formato dixital en Moodle e de todos os sitios web de internet o comezo de cada tema ou o comezo de impartirse un bloque de contidos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes