Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Fundamentos de intervención logopédica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais, así como da introducción de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a apredizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado.

A estrutura das sesións maxistrais rexirase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teóricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase en cada sesión coas actividaes que se levarán a cabo correspondentes ás fases do proceso de investigación.
Proba mixta Proba escrita para a avaliación do coñecemento que poderá integrar preguntas de tipo probas de ensaio (preguntas abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de proba obxectiva (de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación).
Análise de fontes documentais Actividades destinadas a que o alumnado realice a lectura e análise crítica da información procedente de fontes documentais diversas. Tras unha lectura reflexiva, deberá respostar ás cuestións formuladas pola docente:
(a) documentos relevantes (artigos de revista e/ou prensa, capítulos de libros...) que permitan a definición dos conceptos clave da materia, trala procura por parte do alumnado.
(b) lectura, resumo e análise de documentos para a preparación de contidos a expoñer ante os/as seus compañeiros/as;
(c) lectura para ampliar a comprensión de conceptos básicos da materia e que permitan a elaboración de pensamentos razoados sobre as competencias, perfís e funcións do/da profesional da logopedia.
Estudo de casos Actividade na que o alumando deberá presentar unha situacion problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional. Describirase de xeito amplo e detallado, e o alumnado deberá ser quen de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais, así como outro masteriais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da materia.

Realizarase grupalmente (o número de participantes a determinar, segundo o número de alumnado matriculado) e será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Seminario Técnica de traballo en grupo na que se estudará de forma intensiva a temática da profesión de Logopeda en España e na UE. A finalidade é xerar discusión, participación, elaboración de documentos e acadar unhas conclusións entre todas as persoas participantes.
Poderase dar en unha das dúas modalidades seguintes:
(a) En forma de charla-coloquio, convidando a unha persoa experta en materia que formule cuestións e suscite inquedanzas propias da profesión que serán debatidas por todo o alumnado.
(a) A través da procura de información sobre os distintos Colexios Profesionais de Logopedas. Neste caso, será o propio alumnado o que afonde sobre o tema e desenvolva cuestións de interese.
Presentación oral O alumnado deberá presentar algunhas das actividades propostas no marco da análise de fontes documentais, estudo de caso e, se procede, no seminario. As presentacións das actividades traballadas en grupo será grupal e requirirase da participación de todos os integrantes.

O proxecto de investigación será presentado por parte de todo o grupo, a modo de exposición oral, empregando para isto recursos e medios de carácter innovador. Valorarase, ademáis da calidade e claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos, a adecuación ao público e lugar da presentación e, sobre todo, a creatividad e a innovación.
Investigación (Proxecto de investigación) O alumnado deberá afondar e investigar sobre un tema de entre varios que se propoñan. Traballarase en grupo, elixindo un tema dos propostos, procurando que o tema non se repita entre os grupos.
O grupo elaborará un traballo escrito, que entregará e exporá.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes