Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Bases didácticas da intervención logopédica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre proporase un traballo en torno ao contido do temario que deberá fundamentarse coa bibliografía básica e complementaria da guía e con outra seleccionada polo profesorado e/ou polo estudantado.

A súa realización iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións proporcionadas a través da atención personalizada da profesora. A través da exposición na aula e da plataforma Moodle, compartiranse os traballos realizados.
Discusión dirixida Mediante esta metodoloxía trataranse diversos temas orientados a que o alumnado reflexione sobre cuestións clave da materia co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade da intervención logopédica no ámbito educativo.

Valorarase a achega oral individual do alumnado para o enriquecemento da materia así como a participación en pequenas actividades en pequeno grupo que implicarán a posta en común e a posterior elaboración de sínteses escritas.
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos tratados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes