Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Bases didácticas da intervención logopédica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A16 A25 A29 A30 B1 B3 B4 B7 B9 B12 B22 B23 Na avaliación deste aspecto terase en conta o nivel de participación do alumado nos debates desenvoltos na aula ou vía moodle, con especial atención en tres tarefas:
- argumentación individual oral en grupo-clase;
- postas en común en pequeno grupo;
- síntese escrita das conclusións obtidas en pequeno grupo e grupo-clase.
10
Traballos tutelados B1 B4 B7 B9 B12 B22 B23 B24 C3 C6 Para avaliar o traballo teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN
- estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical;
- contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
55
Proba mixta A4 A16 A22 A23 A25 A28 A29 A30 B1 B3 B7 B9 B11 B15 C4 C6 A proba mixta consistirá no comentario dun texto ou unha imaxe con base nos contidos tratados nos diferentes documentos traballados na materia. 35
 
Observacións avaliación
  1. En aplicación da "Norma que regula el régimen de dedicación al estudio
    de los estudiantes de grado en la UDC "
    (aprobada en Consello de Goberno
    de 29 de maio de 2012), o alumnado ao que se lle teña recoñecida a
    condición de estudante a tempo parcial e teña solicitado á Decana a
    correspondente dispensa académica, quedará eximido da obrigatoriedade
    de asistencia á parte das sesións; non obstante,
    este alumnado deberá entregar e presentar os correspondentes traballos
    de modo individual antes da data establecida para a realización do exame
    da materia
    .
  2. Aquel alumnado que avanzada a materia supere o límite de faltas permitido, deberá realizar -e de ser o caso, expoñer-  o traballo tutelado e os escritos derivados das discusións dirixidas, de modo individual.
  3. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do
    peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
    (traballos tutelados, discusión dirixida e
    proba mixta).
  4. O traballo tutelado (proposta de intervención logopédica) entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados o traballo tutelado e os escritos derivados das discusións dirixidas.
  5. É obrigatoria a participación no proceso de asignación inicial de casos para a elaboración do traballo tutelado; esta terá lugar nas primeiras semanas de docencia da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes