Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Pérez Fontán, Miguel
Correo electrónico
miguel.perez.fontan@udc.es
Profesorado
Anton Aparicio, Luis M.
Pérez Fontán, Miguel
Correo electrónico
luis.anton.aparicio@udc.es
miguel.perez.fontan@udc.es
Web
Descrición xeral
Formar ao alumno na epidemioloxía, patoxenia, presentación clínica, diagnóstico e tratamento dos principais trastornos do aparello cardiovascular, aparello dixestivo, aparello urinario, así como da pel e faneiras e trastornos tumorais, centrándose no contexto específico do paciente ancián.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas, no caso de que a docencia presencial sexa posible, agás as titorías (ver despois).
*Metodoloxías docentes que se modifican:
No caso de que a docencia presencial non sexa posible:
- As clases maxistrales se divulgarán mediante presentacións comentadas a traverso da plataforma Moodle, seguidas de sesiones online (Teams) para a resolución de dudas.
- As titorías se levarán a cabo exclusivamente por vía telemática (correo electrónico, Teams). Esta condición se manterá inda que sexa posible a docencia presencial
- A proba final realizaríase online (Teams)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Disponible diariamente, tanto para facer consultas como para programar reunións telemáticas por outras vías
- Plataforma Moodle, tamén disponible de xeito continuado, a traverso do Foro de Novas e a asignación de tarefas
- Teams: A demanda. Vía principal para as titorías que vaian máis aló dunha simple consulta (ex. traballos tutelados), e tamén para titorías e tarefas de grupo.
4. Modificacións na avaliación:
Se non fora posible a docencia presencial, non se cuantificarán as faltas, manténdose a avaliación continuada en relación a participación por vía telemática
*Observacións de avaliación:
Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Manténse a básica da Guía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías