Actividades iniciais |
Son actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con esta metodoloxía preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Dentro desta metodoloxía, enmárcase a reunión de presentación da materia, que se levará a cabo de maneira presencial ou virtual (por Teams) en función das posibilidades existentes na data en que se realice. |
Análise de fontes documentais |
Consiste nunha técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para as temáticas centrais da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Portafolios do alumno |
É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo determinado, cos comentarios e cualificacións asignadas polas docentes, o que lles permite visualizar o seu progreso. O portafolios inclúe todo o que fai cada estudante, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso realizados polas docentes, etc. |
Prácticas de laboratorio |
Esta metodoloxía permite que o estudantado aprenda de maneira efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. |