Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional |
Recomendacións |
|
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional | Código | 653G01206 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 5 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | |
|
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
O cronograma e horario previso, poderá sufrir modificacións, que serán mínimas, motivos institucionais, de saúde o causas xustificadas. No caso de que un dos docentes non poida asistir a algunha das sesións programadas de “aprendizaxe colaborativa” esa sesión será gravada para que dito docente poida visualizala a posteriori. Igualmente, a nota dos estudantes calcularase en base a media obtida na rúbrica de ambos profesores, tendo en conta os criterios establecidos. O docente presente na sesión tomará nota da asistencia e da participación do alumnado durante a mesma. As sesión de aprendizaxe colaborativo serán presenciais, na medida do posible e sempre que a lexislación vixente o permita. Nestas sesión matutinas realizarase un programa pioneiro de inclusión dos estudantes do título propio “Espazo Compartido” (curso de formación específica de posgrao) xunto cos estudantes de Terapia Ocupacional, todos eles coparticiparán conxuntamente nos Grupos Intermedios (GDI) en igualdade de condicións e oportunidades, co fin de incentivar e favorecer a inclusión desde a diversidade na Universidade da Coruña. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)"os traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2. Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.3. De se realizar en papel: 1.3.1. No se empregarán plásticos. 1.3.2. Realizaranse impresións a dobre cara. 1.3.3. Empregarase papel reciclado. 1.3.4. Evitarase a impresión de borradores. 2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4. Segundo se recolle nas competencias transversais aprobadas no Consello de Goberno de Maio de 2017 deberase incluir na medida das posibilidades contenidos que incluan perspectivas de vida saudable, desenvolvemento sostible e dereitos humanos. 5. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas,…). 6. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 7. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero ou de outra índole e proporanse acción e medidas para corrixilas. 8. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, teñan necesidades para un acceso axeitado, inclusivo e proveitoso á vida universitaria. |
|