Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional Código 653G01208
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Pousada Garcia, Thais
Correo electrónico
thais.pousada.garcia@udc.es
Profesorado
Pousada Garcia, Thais
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Correo electrónico
thais.pousada.garcia@udc.es
sergio.santos.delriego@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos e técnicas relacionados coa Terapia Ocupacional, técnicas ortoprotésicas e desempeño ocupacional. Descriptores: Fundamentos da autonomía persoal nas actividades da vida diaria con e sen adaptacións e/ou axudas técnicas. Ortesis e Prótese. Coñecemento e capacidade para aplicar Técnicas Ortoprotésicas dentro do contexto da Terapia Ocupacional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión Maxistral - Prácticas de Laboratorio - Aprendizaxe - Servizo *Metodoloxías docentes que se modifican: - Proba mixta Só no caso excepcional dunha nova situación de confinamento, a única metodoloxía que se modifica nesta materia, na forma de implementala sería a “proba mixta”. - A proba mixta cambiarase pola metodoloxía de “proba oral” o de “exame escrito online”, segundo as especificacións e dotacións tecnolóxicas dispoñibles no momento. - Na data establecida para a proba mixta da materia (aprobada en Xunta de Facultade), os docentes indicarán nunha listaxe de estudantes que poden realizar a proba e se lles enviará (cunha antelación suficiente) as instrucións para realizar a proba oral ou exame escrito online, segundo o caso. - Os docentes realizarán a proba oral con preguntas curtas. o De facer a proba oral, a duración da proba será de aprox 15 minutos e posibilidade de comentar ao final brevemente cos docentes calquera dúbida xurdida durante a mesma. o De facer o exame escrito online, o tempo máximo da proba será de 2 horas, e será de tipo sincrónico, debendo conectarse todos estudantes de forma que garantan un correcto funcionamento da proba na sala virtual e estando presente uno ou os dos profesores presentes. - A plataforma elixida nos dous casos será TEAMS. - A proba será gravada. De houber problemas coa conexión dos estudantes, analizarase cada caso e se lle dará unha solución alternativa na hora ou na forma de conexión para realizar a proba. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización MOODLE Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Nesta platafomra subiranse os contidos elaborados polos docentes da materia, así como material informativo complementario. Ademais estableceranse unas tarefas para a entrega dos ficheiros das férulas e productos de apoio deseñados en 3D. Dispoñen do “foros xeral” da materia, para formular as consultas necesarias. TEAMS Será a plataforma elixida para realizar as sesións das clases maxistrais, así como as das prácticas de laboratorio. Semanalmente: 1 hora (clase maxistral) e 1 hora e media sesión de laboratorio. EMAIL Diariamente. Estará á disposición dos estudantes matriculados, no momento en que eles o precisen, para que se poñan en contacto cos docentes e fagan as consultas que desexen. STREAM É o espazo na nube no que se ubicarán os vídeos gravados das sesións maxistrais e de laboratorio. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Para poder levar a cabo as prácticas de laboratorio de xeito virtual teranse en conta os seguintes aspectos. - De forma previa ás sesións de “práctica de laboratorio” a docente gravará (serán colgadas na plataforma STREAM da materia dous días antes da devandita sesión) unha exposición sobre as características e aspectos técnicos fundamentais para a confección da férula e/ou do produto de apoio que toque tratar. - Os estudantes conectaranse, mantendo os horarios e grupos establecidos ó inicio de curso para a consulta de dúbidas con respecto a confección da férula / produto de apoio a traballar durante a sesión. - Na medida do posible, durante a sesión virtual, os estudantes amosarán o avance do seu traballo na elaboración da férula / produto de apoio, os materiais empregados e as medidas tomadas para a súa confección. - Para facilitar todo o proceso ó alumnado, ó principio de curso cada estudante recibirá, por parte da docente, un conxunto dos materiais necesarios para a confección de férulas (velcros, acolchado adherente, acolchado non adherente e material termoplástico). Os alumnos serán responsables dese material e de traelo á aula, no caso de que se poidan manter as sesións presenciais, así como as outras ferramentas propias indicadas na guía docente. - O final do cuadrimestre, os estudantes deberán entregar os traballos nunha caixa pechada, xunto co seu portafolios, nun espazo habilitado no edificio de Terapia Ocupacional. A data de entrega anunciarase coa antelación suficiente (antes das vacacións de Nadal) para a previsión dos estudantes. - A avaliación desta metodoloxía constitúe o 60% da nota da materia. O estudante debe obter un mínimo de 4 puntos sobre 6 para superar esta parte. Para a avaliación da metodoloxía “proba oral” ou “exame escrito online”, teranse en conta as seguintes especificacións: - Será necesario que o estudante acade una puntuación mínima de 2 (sobre 4) para realizar o sumatorio coa cualificación que se obteña da avaliación de prácticas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se contemplan modificacións. As obres e webs de referencia seguirán sendo aplicables no caso de aplicación do plan de continxencia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes