Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física | Código | 653G01303 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 7.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A7 A9 A13 A14 A15 A19 A20 A24 A29 B3 B24 C4 C7 | Valorarase a capacidade do alumnado para integrar de forma activa os conceptos e procedementos impartidos na clase ao mesmo tempo que demostra, de forma progresiva, a integración das competencias da materia. A súa avaliación realizarase a través da elaboración dun Mapa conceptual. | 5 |
Prácticas de laboratorio | A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C7 | A asistencia será obrigatoria. Valorarase: 1) actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas e co desenvolvemento xeral do laboratorio); participación (interacción empática, proactiva, analítica e construtiva); respecto (ás persoas participantes no grupo, docentes e normas de funcionamento do laboratorio); e a responsabilidade (consigo mesma/o e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensino-aprendizaxe); 2) asemade, valoraranse os traballos individuais e/ou grupais solicitados vinculados ao desenvolvemento da metodoloxía. |
30 |
Estudo de casos | A7 A8 A9 A10 A13 A14 A15 A18 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C4 | Nesta metodoloxía, valorarase tanto o proceso de traballo como o resultado e a súa presentación (oral e/ou escrita). Por tanto, terase en conta a evolución do alumnado durante o traballo, a xestión da información e interrogantes xurdidos, o traballo en grupo (nos casos que corresponda), así como a integración das competencias da materia e a reflexión sobre todo o proceso de aprendizaxe. En canto ao contido, valorarase que o caso sexa coherente co proceso de terapia ocupacional nun contexto concreto, articulando as especificidades da(s) persoa(s), poboación(s), as súas ocupacións e contornas, é dicir, mantendo o foco no desempeño ocupacional. Para iso, terase en conta a aplicación coherente dos modelos de práctica de terapia ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo Persoa-Contorno-Ocupación, entre outros. Finalmente, na presentación (oral e/ou escrita) valorarase a argumentación, reflexión e defensa do traballo realizado así coma a capacidade de expresión escrita (os erros gramaticais e ortográficos valoraranse negativamente) e/ou oral (comunicación verbal e non verbal de acordo ao foro). | 30 |
Proba mixta | A6 A7 A8 A13 A15 A20 A24 A29 B3 B24 | Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos) e a integración e aplicación de conceptos/procedementos na práctica da profesión. | 35 |
Observacións avaliación | |||
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable). Para aprobar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, entregar todos os traballos solicitados e ter superadas cada unha das metodoloxías que conforman o proceso de avaliación da materia. Ademais, será necesario ter unha cualificación mínima de 1.75 (sobre 3.5) puntos na Proba mixta, e só serán tidas en conta para a cualificación final as notas das outras metodoloxías, se a/o alumna/o acada a devandita puntuación na Proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderase coa nota obtida na Proba mixta. As notas obtidas no resto de metodoloxías serán tidas en conta para a súa cualificación na segunda oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a Proba mixta. Valorarase a puntualidade e a asistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxías que computan para a avaliación da materia. Só se considerarán ausencias xustificadas as relacionadas coa atención sanitaria ou causa de forza maior. En todo caso, debe xustificarse a ausencia documentalmente. No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro) pola ausencia non xustificada nas Prácticas de laboratorio, non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de 2017). Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias. |
|