Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas IV
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Trátase de actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con esta metodoloxía, preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Estudo de casos Consiste nunha metodoloxía onde a persoa se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da práctica profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Portafolios do alumno É un cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo determinado, cos comentarios e cualificacións asignadas polas/os docentes ou titoras/es, o que permite visualizar o seu progreso. O portafolios inclúe todo o que fai cada estudante, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso realizados polas/os docentes ou titoras/es, etc.
Prácticas clínicas O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o alumnado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
As prácticas clínicas serán realizadas en todos aqueles centros conveniados coa Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, que teñan relación co eido das persoas adultas con discapacidade de carácter físico, neurolóxico ou sensorial.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. No caso de que a/o estudante non poida acudir puntualmente algún día, segundo o calendario de prácticas establecido, deberá comunicalo tanto ao centro conveniado como ao profesor responsable da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberá achegar o xustificante correspondente.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, un artigo, unha tese ou unha comunicación a un congreso. Como tal proceso, comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación coa literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do seu contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica e científica é a crítica que merece a xuízo da persoa autora da recensión, en relación con outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación coa súa propia experiencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes