1.- Debido á situación actual derivada da pandemia por COVID-19, será preciso respectar o plan de seguridade ou continxencia establecido por cada centro de prácticas. Non obstante, o alumnado deberá cursar de forma presencial, como mínimo, o 50% das Prácticas clínicas. Ademais, para aprobar a materia, o estudantado terá que participar activamente en todas as actividades desenvolvidas e superar todas as metodoloxías docentes propostas, tal e como se especifica no apartado de Avaliación desta guía docente. 2.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
3.- O docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún
cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao alumnado matriculado coa suficiente antelación. 4.- Para a correcta planificación das Estancias Prácticas, realizaranse, segundo o calendario oficial da Facultade, varias reunións de coordinación académica: - Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e distribución de quendas e rotatorios. Reunión do coordinador da materia co alumnado matriculado para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes.
- Coordinación das estancias prácticas: Encontro entre o coordinador da materia e as/os docentes e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, de forma previa ao seu comezo e de forma posterior.
5.- Normas mínimas: O estudantado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ás persoas usuarias, profesionais e instalacións dos recursos de prácticas. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas. 6.- O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. |