Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Estancias Prácticas IV |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Prácticas IV | Código | 653G01304 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A9 A10 A13 A14 A15 A16 A19 A20 A22 A28 A31 B4 B9 B18 B22 B24 C1 C6 C7 | Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. | 20 |
Portafolios do alumno | A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B1 B4 B18 B22 B24 C1 C6 C7 | Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. | 15 |
Prácticas clínicas | A6 A9 A10 A12 A13 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A24 A28 A31 B1 B4 B5 B6 B7 B9 B18 B24 B29 C4 C6 C7 | Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación coas persoas usuarias, a relación co equipo de profesionais, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos previamente adquiridos, e a adquisición de novas destrezas e coñecementos. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas ao centro conveniado e ao responsable da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente. |
60 |
Recensión bilbiográfica | A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B4 B18 B22 B24 C1 C4 C6 C7 | Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. | 5 |
Observacións avaliación | |||
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable). Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, asistindo ao total de horas de Prácticas clínicas (salvo ausencia debidamente xustificada), e entregando todos os traballos solicitados (Estudo de casos, Portafolios e Recensión bibliográfica). Ademais, deberá acadar unha nota global mínima de 5 puntos, e ter superadas, como mínimo, as metodoloxías de Prácticas clínicas e Estudo de casos. Para iso, será necesario ter unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 6) na metodoloxía Prácticas clínicas e unha cualificación mínima de 1 punto (sobre 2) na metodoloxía Estudo de casos. En caso contrario, non se sumarán nin serán tidas en conta as notas das restantes metodoloxías (Portafolios e Recensión bibliográfica), e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na(s) metodoloxía(s) suspensa(s). No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas. Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello de Goberno do 22 de maio de 2012), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá dereito a elixir de maneira preferente quendas e grupos de prácticas, entre os distintos horarios e rotatorios que se oferten na materia. |
|