Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no adulto con Disfunción na Saúde Mental |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no adulto con Disfunción na Saúde Mental | Código | 653G01306 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 7.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A7 A8 A9 A10 A11 A14 A15 B3 B4 | Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. O alumno/a realizará casos clínicos, que serán analizados desde os distintos modelos de práctica de terapia ocupacional específicos en saúde mental. A avaliación desta metodoloxía contemplará tamén o traballo realizado polo estudante nas actividades de aprendizaxe e servizo. |
30 |
Prácticas de laboratorio | A6 A13 A16 A17 A18 A19 A23 B5 B24 C4 | Obligatoria. Se valorará: puntualidade, la asistencia, responsabilidade, iniciativa, interés, actitude ante as normas, relación coa equipa de compañieros, a integración e aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas e os coñecementos adquiridos. | 30 |
Proba mixta | A20 A24 B2 C7 | Valorarase ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), e a integración de conceptos. | 35 |
Sesión maxistral | A20 A24 A29 B2 B9 B36 C7 | A asistencia será obligatoria e valorarase a capacidade do alumno/la para integrar de forma activa os conceptos teóricos impartidos na clase e ó mesmo tempo que demostra, de forma progresiva a integración das competencias da materia. | 5 |
Observacións avaliación | |||
O sistema de cualificación expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se estableceo sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulaciónsuniversitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacionalSistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable). Nesta liña, considerarase como "non presentado" (NP) aquel estudiante que, estando matriculado na materia, non concurrira ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico.
Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias. |
|