Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Xeriatría
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xeriatría Código 653G01309
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Millan Calenti, Jose Carlos
Correo electrónico
jose.millan.calenti@udc.es
Profesorado
Lorenzo López, Laura
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Millan Calenti, Jose Carlos
Correo electrónico
laura.lorenzo.lopez@udc.es
ana.maseda@udc.es
jose.millan.calenti@udc.es
Web http://http://gerontologia.udc.es
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos adquiridos en relación coa valoración e intervención desde a Terapia Ocupacional no campo da xeriatría.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizaron cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Estudo de casos - Traballos tutelados - Saídas de campo - Proba de resposta múltiple - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican 2019-2020 - Prácticas a través de TIC- Sesión maxistral - Prácticas a través de TIC- Estudo de casos - Prácticas a través de TIC- Saídas de campo 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado 2019-2020 Moodle: Dúas veces á semana para a parte teórica Dúas veces á semana para os estudos de caso con grupos reducidos Microsoft Teams: Dúas veces á semana para a parte teórica; Dúas veces á semana para os estudos de caso con grupos reducidos Microsoft Outlook: Dependendo da necesidade dos alumnos/as para a consulta de dúbidas. Atención continua. 4. Modificacións na avaliación 2019-2020 Sesión maxistral 5% Estudo de casos 15% Traballos tutelados 35% Saídas de campo 5% Proba de resposta múltiple 40% *Observacións de avaliación 2019-2020: A cualificación final da materia farase de acordo aos seguintes criterios: 1) Avaliación final, realizada de acordo ao calendario oficial de exames, mediante exame que contribuirá ao 40% da cualificación final. Dita avaliación consistirá nun exame tipo test, que constará de corenta preguntas con catro respostas cada unha das cales unicamente unha será correcta. As preguntas mal contestadas restarán 0,33 puntos sobre as correctas, non restando as non contestadas. Para superar o exame o alumno deberá obter unha puntuación final do 50% do total unha vez restados os puntos das falladas. Ex.; 30 ben, 4 mal e 6 non contestadas. A puntuación final será 30-(4*0,33)=28,68>20 (Superado). 2) O resto das actividades computarán o 60% da cualificación final do seguinte xeito: 2.1.) Asistencia a Docencia Expositiva e Docencia Interactiva (ata o 20%). Neste caso, o/a alumno/a deberá asistir polo menos ao 75% da docencia presencial. 2.2.) Visita a un Centro Sociosanitario ou recensión sobre un artigo subido á plataforma Moodle (ata un 5%). O/a alumno/a deberá entregar unha memoria sobre a actividade realizada. 2.3.) Estudo de casos e Traballo Tutelado (ata o 35%). Inclúe revisión bibliográfica sobre o tema obxecto de estudo, así como desenvolvemento dun caso clínico de acordo ás competencias adquiridas na docencia interactiva. O alumno poderá obter positivos por participación en actividades organizadas ou recomendadas polos profesores da materia (sesións científicas, congresos, proxectos de investigación...). A puntuación outorgada será a criterio do profesor responsable. Para superar a materia haberá que superar cada unha das partes sometidas a avaliación. de tal xeito que aínda que a un alumno a suma das actividades realizadas máis a cualificación do exame superen o 5, a súa puntuación, caso de non superar algunha das partes será a referida á parte con máis cualificación das suspendidas. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4,9=Suspenso 5-6,9=Aprobado 7-8,9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable. IMPORTANTE TRABALLOS TUTELADOS: - Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. - Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. - No caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Grao cursado. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía 2019-2020 A bibliografía establecida, engadese material complementario na plataforma Moodle, tanto en formato artigo científico como a vídeos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes