Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Estudo de casos en Terapia Ocupacional |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Estudo de casos en Terapia Ocupacional | Código | 653G01403 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A1 A3 A8 A19 B36 B31 B28 B27 B25 B23 B18 B13 B11 B10 B9 B8 B6 B3 B2 C1 C2 C3 C4 C6 C7 | 1. Plantearanse diversos casos clínicos e comunitarios cunha avaliación/coavaliación (de maneira individual, por pares e/ou grupal) centrada nos seguintes aspectos: - a argumentación, aplicación e integración dos coñecementos adquiridos previamente e no decorrer desta materia. - o razoamento ético e crítico da disciplina centrada na ocupación humana. 2. Nesta materia a avaliación é continua, en espiral. Empreganse diversos casos: - autoproducidos polos propios estudantes baseados na súa experiencia prácticas*; - producidos, avaliados e discutidos polos/con os pares*; - elaboración dun dosier de casos realizados ao longo de toda titulación e análise crítico - casos ilustrados en libros da disciplina; - análise de casos propostos e guiados pola docente; - casos escoitados/contados polas persoas convidadas (participación de terapeutas ocupacionais locais/nacionais/internacionais). *(avaliados en actividades iniciais) |
70 |
Aprendizaxe colaborativa | A8 B14 B18 B23 B25 B26 B27 B28 B31 B37 C1 C5 C7 | Análise grupal e problematización sobre os "estudos de caso" na titulación e na profesión. | 10 |
Actividades iniciais | A1 A3 A8 B8 B10 B13 B18 B25 | Producción dun caso baseado na propia experiencia das prácticas externas previas Análise crítico dun caso producido por un par e discusión conxunta. |
20 |
Observacións avaliación | |||
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable). Considerarase como "non presentado" (NP) aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que a/o estudante ten por materia. Con carácter xeral, a avaliación das materias será continua ao longo do curso, sen prexuízo do indicado nas memorias de verificación da titulación. A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación. Como norma xeral incluirase unha actividade de avaliación para realizar nas datas establecidas no calendario académico oficial. Esta actividade tamén poderá establecerse como proba global de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua. As guías docentes deberán establecer a ponderación das distintas actividades de avaliación e, no seu caso, da proba global, no marco que o centro puidese establecer. Se valorará a puntualidade e a asistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxías establecidas na materia. Para aprobar a materia, a/o estudante debe participar activamente nas metodoloxías propostas e entregar todas as tarefas. Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación do/a estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias. |
|