Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos (Plan 2017)
 Asignaturas
  Xestión dos RRHH do proxecto, das comunicacións e da xestión de interesados
   Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Saber actuar como representantes do promotor do proxecto en tódolos ámbitos de actuación do Director de Proxecto ou Project Manager.
A5 Identificar e comprender a interacción entre os grupos de procesos que se levan a cabo na contorna do Project Manager.
A7 Saber as normas que rexen a dirección integrada dun proxecto
A8 Capacidade de organización e planificación as diferentes fases dun proxecto.
A14 Capacidade de planificar, executar e controlar a xestión dos recursos humanos do proxecto
A15 Capacidade de planificar, executar e controlar a xestión das comunicacións do proxecto
A16 Capacidade de planificar, executar e controlar a xestión dos interesados do proxecto
B1 Capacidade de análise e de síntese.
B2 Capacidade de Organización e Planificación
B4 Capacidade de procura, análise e selección de información relevante.
B5 Capacidade de utilización e xestión da información
B6 Capacidade para actuar con velocidade e sentido de urxencia para concretar resultados con altos niveis de calidade e rendemento a fin de atender as necesidades do cliente.
B7 Capacidade de enfocar os esforzos en xerar valor para o cliente, buscando a súa satisfacción e a súa fidelización.
B8 Capacidade de comunicación e motivación
B9 Capacidade para a resolución de problemas
B10 Capacidade para a toma de decisións
B11 Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinar
B13 Capacidade de liderado, diálogo e negociación
B15 Asumir a importancia fundamental da seguridade laboral, accesibilidade, sustentabilidade e medioambiente na planificación, dirección e xestión de proxectos.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes