Guia docenteCurso
Escuela Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos (Plan 2017)
 Asignaturas
  Tésis master
   Evaluación
Metodologías Competencias / Resultados Descripción Calificación
Trabajos tutelados A1 A2 A3 A4 A8 A19 A20 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1. O TFM deberá constar das seguintes partes:
a) Portada.
b) Índice Paxinado.
c) Resumo.
d) Contextualización e Xustificación.
e) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto.
f) Reflexións e Conclusións Finais.
g) Bibliografía.
h) Anexos, no seu caso.
i) No caso de Proxectos de investigación, deberá incluír, en vez do Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto os seguintes apartados:
j) Revisión do Estado da Arte,
k) Desenrolo del Modelo/hipóteses,
l) Contraste de Modelo/Hipóteses

2. Cada unha das partes mencionadas deberá recoller a seguinte información:

a) Portada. Será de deseño libre, pero incluirá: escudo e nome da Universidade; nome da Facultade; nome do Máster; título do TFM en Galego, Castelán e Inglés e nomes do autor e do director; ano de presentación.
b) Resumo: recolle un breve resumo do contido do traballo. (recomendase a realización do resumo tamén en inglés)
c) Xustificación e Contextualización: recolle a intención do autor e presenta o problema ou tema específico de estudo (os obxectivos ou as hipóteses). Descríbense as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais que serán utilizados no estudo.
d) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto: Aplicación e integración adecuada dos 5 grupos de procesos da dirección de proxectos e manexo das interdependencias entre as áreas de coñecemento da dirección de proxectos. O plan para a dirección do proxecto debe integrar e consolidar todos os plans de xestión subsidiarios: alcance do proxecto, requisitos, cronograma, custos, calidade, melloras do proceso, recursos humanos, comunicacións, riscos, e adquisicións.
e) Bibliografía: Ao final do informe aparece a sección de referencias a obras e fontes consultadas, de acordo con a norma de estilo APA.
f) Anexos: o apéndice ou anexo achega unha información detallada que doutro xeito distraería a lectura no corpo do informe. Esta sección do traballo pode incluír táboas, gráficos, unha mostra do/s cuestionario/s empregado/s etc. No texto do traballo farase referencia aos contidos do anexo. Un traballo pode incluír máis dun anexo.
3. O proxecto, que deberá realizarse en lingua galega ou castelá, non superará as 100 páxinas a espazo 1, tipo de letra calibri ou arial, tamaño de letra 11, e parrafos xustificados. A maiores, tamén poderá ser presentada unha copia en outro idioma da U.E.
100
 
Observaciones evaluación

1. AVALIACIÓN E ACTAS.

  1. Para a avaliación do TFM o tribunal valorará:

a) A adaptación dotraballo á tipoloxía xeral dun proxecto: inicio, planificación, execución,seguimento, control e peche do proxecto.

b) A existencia dunproduto/resultado, aplicabilidade e funcionalidade e calquera outracaracterística que permita establecer as capacidades do alumno no ámbitoprofesional relacionado coa temática do Máster.

c) A calidade científica do traballo, valorada tanto polos resultados alcanzados, difusióne/ou as posibilidades de continuidade do traballo.

d) A defensa públicado TFM e a calidade formal do documento presentado.

  1. A cualificación outorgarase nunha escala numérica de 0 a 10 seguindo as pautas recollidas no anexo I, con expresión dun decimal, á que poderá engadirse a súa correspondente cualificación cualitativa:

a) 0 - 4,9: Suspenso(SS)

b) 5,0 - 6,9:Aprobado (AP)

c) 7,0 - 8,9: Notable(NT)

d) 9,0-10:Sobresaliente (SB)

  1. Se o resultado da cualificación fose suspenso, O Tribunal fará chegar ao alumno e o director as recomendacións que considere oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación.
  2. O Tribunal encherá e asinará a correspondente Acta de Cualificación provisional que se fará pública una vez rematado o acto da defensa. O orixinal da acta entregarase na Administración académica do centro.
  3. A acta de cualificación definitiva é individual para cada traballo. Ademais da cualificación do estudante, constará o título do TFM, o idioma en que está redactado o traballo e o idioma empregado na súa defensa. A acta será cumprimentada na Secretaría Virtual das Universidades responsables segundo a acta provisional por calquera membro do Tribunal e asinada dixitalmente polo secretario/a do mesmo. Igual que coas actas ordinarias, poderase enviar a nota ao móbil de cada estudante. O peche e entrega das actas de avaliación dos TFM aterase ao previsto no calendario académico aprobado. O período en que os traballos poidan ser cualificados na Secretaría Virtual non será posterior ás datas de avaliación dos TFM aprobadas no calendario académico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes