Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Patoloxía e Rehabilitación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Patoloxía e Rehabilitación Código 670G01029
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Iglesias Martinez, Maria Cruz
Correo electrónico
cruz.iglesias@udc.es
Profesorado
Fernandez Prado, Ruben
Iglesias Martinez, Maria Cruz
Correo electrónico
ruben.fprado@udc.es
cruz.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral A partir do proceso de degradación que sofren os edificios e o ambiente urbano, unha vez concluídas as obras da súa execución e comezada a súa vida útil, analizaranse as intervencións necesarias para frear ou evitar o proceso tendo en conta as particularidades das intervencións. Analizaranse os diferentes tipos de lesións que orixinan os procesos de deterioración dos materiais e elementos construtivos e potenciarase a adquisición de habilidades para interpretar, a partir de datos analíticos e da observación, os síntomas ou lesións dos distintos fenómenos de deterioración que actúan incluída a súa interacción e estimar as causas que os orixinaron, incluíndo os procesos de deterioración das diferentes familias de materiais. Farase especial fincapé na metodoloxía a seguir baseada nunha etapa preliminar de observación, de recoñecemento e toma de datos e unha etapa posterior de análise de datos e reconstrución do proceso patolóxico e das súas causas, para posteriormente avaliar a magnitude do proceso patolóxico no informe do diagnóstico e definir unha proposta de actuación que deberá establecer ou non a necesidade de medidas preventivas en caso necesario. Farase unha introdución ás técnicas de inspección e ensaios específicas que se poden utilizar na toma de datos no estudo do proceso patolóxico. Abordarase a partir dos diferentes procesos patolóxicos que se poden desenvolver, as técnicas de intervención dos sistemas estruturais e noutros elementos non estruturais traballando con edificios de fábrica tradicionais como poden ser as vivendas unifamiliares de fábrica tradicionais característicos do noso parimonio rural , e con edificios do centro urbano anteriores ou posterioes ao s.XX Para afianzar os coñecementos expostos nas clases expositivas, as actividades a desenvolver nas clases interactivas que se formularán ao longo do curso: o estudo patolóxico e a intervención, farán referencia a dous tipos de edificios. En caso necesario, analizaranse puntualmente outros edificios relacionados coa materia obxecto do bloque.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non hai modificacións de contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen. Mantéñense todas pero adaptándoas de presencial á modalidade telemática: sesion maxistral, análise de fontes documentais, traballos tutelados individuais e en grupo, presentacións orais e probas obxectivas. *Metodoloxías docentes que se modifican. Adáptanse a modalidade telemática 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Moodle, Teams e correo electrónico 4. Modificacines na avaliación *Observacións de avaliación: Para os alumnos de avaliación continua o exame test farase a través de moodle Para os alumnos que non realizan as actividades do curso terán dereito a un exame de varias partes: pártea test realizarase telemáticamente a través de moodle e a parte de desenvolvemento será oral a través de Teams 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Non hai e estará dispoñible en moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes