Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Catalogación Formal de Documentos Electrónicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B3 B5 B6 B9 C2 C8 C10 C12 C15 Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Incluirá un exercicio de catalogación dun recurso electrónico con MARC 21. 40
Portafolios do alumno A7 B3 C2 Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por pare dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo, con faltas de ortografía ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. 20
Presentación oral A7 B6 C10 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva. 10
Traballos tutelados A8 A4 B1 A nota do traballo tutelado procederá da media de tres proxectos que se presentarán oralmente a finais de setembro outubro e novembro. Os proxectos serán individuais e se elaborarán de acordo coas pautas formais e de contido proporcionadas pola profesora.
30
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre
10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no
apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 na
proba obxectiva, de non ser así  a nota global da materia non será superior a
un 4,9. Cada un dos traballos do portafolios e dos proxectos que constitúen o traballo tutelado cualificaranse cunha nota sobre 10
e farán media aritmética entre elas. De ser entregados fora de prazo ou
copiados os traballos ou proxectos serán considerados como non presentados e serán
cualificados cun 0. Este será tamén o caso dos proxectos non
consensuados coa profesora no prazo que se establezca. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE:  

Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as
mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas
relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación
que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a
parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á profesora cómo
se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar
os proxectos que compoñen o  traballo tutelado e portafolios como mínimo 15 días antes da data fixada para
a proba obxectiva.  Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente o traballo tutelado e portafolios.

ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA
DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA:

Terán que acordar unha titoría nas dúas
primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo axeitado.
Terán que decidir se se acollen aos prazos de presentación de traballos que serán comunicados ao longo do curso a través de
plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de todos os traballos
conxuntamente como mínimo 15 días antes da proba obxectiva á que desexan
presentarse. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de
"presentación oral"), tendo neste caso a proba obxectiva o valor do
50%. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes