Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Farmacoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A4 A5 A6 B1 B2 B4 B5 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 Puntúase a asistencia do/da alumno/a e o resultado das probas realizadas. 20
Proba de resposta múltiple A4 A5 A6 B1 B2 B3 O/A alumno/a deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. O aprobado (5) estará no 70% das respostas correctas (35). Para superar esta proba, e por tanto a asignatura, haberá que obter como mínimo un 5. 80
 
Observacións avaliación
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art.° 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable)
Considerarase non presentado aquel/aquela alumno/a que non asista ao exame final.

Os/As alumnos/as con matrícula a tempo parcial deben mandar un correo electrónico ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso. Neste caso, a avaliación dos obradoiros realizarase pola entrega dos exercicios propostos por correo electrónico. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.

Alumnos/as con segunda matrícula e posteriores: seguiranse os criterios de avaliación propostos nesta guia.

Oportunidade adiantada: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes