Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría da Saúde Mental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual B3 B4 B8 B16 C3 C11 Valórase a participación e a capacidade reflexiva sobre os temas achegados e/ou expostos nos foros, a expresión escrita dos comentarios, suxestións e/ou reflexións expostas polo alumnado. A súa capacidade de análise e pensamento crítico, así como a súa creatividade.

É obligatoria, a participación no foros supón o 5% (0,5 puntos) da nota final.
5
Obradoiro A59 B2 B5 B7 B15 B16 C12 C10 Valórase a participación nos obradoiros, as habilidades e conductas mostradas como resposta as accións de mellora e a adquisición de novas habilidades a través da práctica dramatizada ou role playing a partir da rúbrica de avaliación presentada inicialmente.

É obrigatoria e supón o 10% (1 puntos) da nota final.

Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
10
Proba obxectiva A59 B2 B3 B4 B8 C6 C11 Exame tipo test, cunha única resposta correcta.

É obrigatoria e supón un 40% (4 puntos) da nota total.

As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/4) ou nº de acertos-(nº de errosx0.25).

Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
40
Simulación A59 B2 B3 B5 B6 B7 B15 B16 B24 C10 C11 C12 Avalíanse os seguintes aspectos das simulacions presentadas:
Capacidade de expresión e comunicación co paciente, familiar e resto do persoal que aparezan no escenario.
Valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación co paciente en todo o proceso de simulación.
Aplicación de coñecementos na toma de decisións que requira o escenario.
Habilidades practicas de coidados, técnicas e intervencións de enfermaría.
A capacidade de resposta do alumno, de iniciativa, de organización e planificación que requira o escenario.

O alumnado disporá inicialmente da rúbrica de avaliación.

É obrigatoria e supón o 20% (2 puntos) da nota final.

Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
20
Recensión bilbiográfica B3 B8 B16 C6 C7 C11 A comprensión da documentación achegada valórase a través das respostas, por parte do alumnado, a unha serie de preguntas realizadas sobre o tema ou a entrega de breves comentarios sobre o contido dos textos.

É obrigatoria e supón o 25% (2,5 puntos) da nota final.

Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
25
 
Observacións avaliación

Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obrigatorio para todo o alumnado con matricula ordinaria) o estudiantado debe superar cada unha das partesrecensión bibliográfica (25%), simulación (20%), obradoiro (10%), foro virtual (5%) y proba obxetiva (40%).

A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. 

O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade, debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias.

O alumnado con matrícula a tempo parcial (con o sin dispensa académica) poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá traballar nas actividades programadas (según a documentación do moodle) e presentalas de forma individual na plataforma moodle ou de forma presencial nas tutorías programadas.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e finalicen as actividades programadas coa cualificación de aprobado, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a proba obxectiva, tendo en conta que a cualificación da mesma fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o resto de actividades. 

Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,6 - 10.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes