- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores
da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando
pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos
na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a
un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.