Guía DocenteCurso Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
Grao en Enfermaría |
Asignaturas |
Enfermaría Clínica II |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Enfermaría Clínica II | Código | 750G01035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 | Os estudantes exporanse a situación clínicas prácticas relacionadas con contidos proporcionados nas sesións maxistrais e seminarios, mediante un sistema de pregunta-resposta, proporcionando no caso de que sexa necesaria documentación ou outro material para ampliar os coñecementos. Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento teórico dos contidos desenvolvidos nas Sesións Maxistrais e os Seminarios con problemas concretos, e a capacidade de análise e comprensión da situación, mediante traballo colaborativo. Os Casos Clínicos exporanse e entregarase a través da plataforma Moodle, dentro do prazo sinalado. A entrega dos estudos de casos é obrigatoria. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados Cada estudo de casos ten unha puntuación máxima de 1 punto. Supoñerán o 20% da cualificación final. |
20 |
Traballos tutelados | A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 | Na práctica deliberada (simulación grabada en video) valorase que o alumno sexa capaz de: Presentarse, dá acordo á situación, á familia e darlle a opción de expor o motivo das súas preocupacións. Estruturar o encontro cun inicio, desenlace e un final ou despedida. Establecer unha relación de axuda e de seguridade, a través dunha escoita activa e sen emitir xuízos de valor. Conectar emocionalmente e construír unha relación de confianza coa familia. Permitirlle expresar os seus medos e resolver dúbidas e preocupacións. Recoller e atender adecuadamente a expresión de emocións. Establecer unha conversación dialógica coa familia. Ofrecer á familia a posibilidade de deliberar sobre as decisións a tomar. Para superar o traballo deberá: Entregar ou expoñer os traballos tutelados na data que se indique. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados. Obter unha puntuación igual o superior a 5 (sobre 10) do peso desta metodoloxía. Supón o 20% da calificación final. |
20 |
Proba obxectiva | A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 | A proba obxetiva ten un valor de 10 puntos e para superala o estudante debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/4) ou nº de acertos-(nº de errosx0.25). É obrigatoria e será necesario acadar unha puntuación do 50% para sumar o resto de puntuacións. - Se o estudante non se presentase a esta Proba na Acta aparecerá NON PRESENTADO, reservándose as porcentaxes só ata a convocatoria Extraordinaria de Maio/ Xullo. |
40 |
Aprendizaxe colaborativa | A34 A35 A36 A38 A39 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C3 C4 C6 C7 | Plantexaranse actividades para realizar en grupo pequenos de traballo, de entre 5 a 6 estudantes. Os estudantes exporanse a situacións e problemas relacionadas con contidos proporcionados nas sesións maxistrais que deberán resolver mediante traballo colaborativo, e seguindo un sistema de pregunta-resposta. Exporanse e entregaranse a través da plataforma Moodle, dentro do prazo sinalado. A entrega é obrigatoria. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados. Cada tarefa terá unha puntuación máxima de 0.5 puntos. Supoñerán o 20% da cualificación final. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obrigatorio para todo o alumnado con matricula ordinaria) o estudante debe superar cada unha das partes, aprendizaxe colaborativo (20%), traballos tutelados (20%), estudio de casos (20%) e proba obxectiva (40%). A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade, debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias. O alumnado con matrícula a tempo parcial (con o sin dispensa académica) poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá traballar nas actividades programadas (según a documentación do moodle) e presentalas de forma individual na plataforma moodle ou de forma presencial nas tutorías programadas. Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e finalicen o traballo de estudio de casos, e o traballo tutelado coa cualificación de aprobado, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a proba obxectiva, tendo en conta que a cualificación da mesma fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o resto de actividades. Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,6 - 10. SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba obxectiva. |
|