Seminario |
Traballo en grupo a través da participación e discusión para o estudo dos diferentes aspectos relacionados coa materia.
O material básico necesario facilitarase durante o desenvolvemento destes. |
Estudo de casos |
Estudo, resolución e posta en común ante determinadas situacións de saúde/enfermidade mediante a utilización da metodoloxía científica enfermeira (proceso de atención de enfermaría).
Como sistema de avaliación levará a cabo unha proba escrita onde o alumno deberá demostrar o coñecemento da aplicación da metodoloxía científica a través da resolución dun caso hipotético. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Presentación oral |
Actividade baseada na exposición oral, onde se produce unha interacción ordenada entre docente e estudante, expondo cuestións que o alumno deberá responder, de forma oral, podendo así valorar o seu proceso de aprendizaxe e o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. |