Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 2
   Contidos
Temas Subtemas
Método clínico en podoloxía.
Historia clínica podológica: rexistro da información obtida.
Técnicas de exploración física.
Actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
Probas complementarias e a racionalización do seu uso.
Diagnóstico e prognóstico.
Plan de intervención integral ou tratamento podológico.
Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
Protocolos: execución e avaliación.
Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos.
Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
Habilidades sociais para a comunicación e o trato cos e coas pacientes e outros e outras profesionais. Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodológicos, físicos e cirúrxicos.
Elaboración e interpretación de informes clínicos.
Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención Podológica.
Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes.
Calidade asistencial na práctica da podoloxía.
Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas
O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais.

Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente no primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao, son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno que cursa a materia de Prácticum II, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes