Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Economía Española
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución á Economía/760G01002
Economía e Empresa/760G01007
Estatística Descritiva/760G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É importante a lectura de prensa e revistas económicas. Porase ao dispor do/a estudante materiais varios na fotocopiadora e/ou en Moodle.

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

 

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, de se realizar en papel:

 - Non se empregarán plásticos.

 - Realizaranse impresións a dobre cara.

 - Empregarase papel reciclado.

 - Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)

 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes