Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Políticas Sociolaborais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A5 A13 A34

La prueba objetiva puede combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de respuesta múltiple, de ordenación, de respuesta breve, de discriminación, de completar y/o de asociación. También se pode construir con un solo tipo de alguna de estas preguntas.
60
Estudo de casos A5 A13 A34 B6 Realización de un trabajo en grupo de los temas del programa 40
 
Observacións avaliación

 I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN

1. Do volume total do traballo do
estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao traballo individual
ou en grupo que o propio estudantado se compromete a realizar sen a presenza da
persoa encargada da docencia.

2. A avaliación da aprendizaxe
debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en conta sempre
que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na propia
aprendizaxe.

3. A proba escrita obxectiva avalía
o resultado obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de
aprendizaxe. Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes
acadadas a través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de
avaliación final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación
continua e da realización dunha proba final.

4. A avaliación continua implica
valorar o esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do
estudantado.

5. A proba obxectiva implica valorar
os resultados da aprendizaxe.

 

II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA
AVALIACIÓN

1º) A puntuación total da
asignatura comprende dúas partes :

a proba obxectiva que representa
o 60% da nota , e o conxunto de prácticas

realizadas durante o curso ,que
comprenderá o 40% restante. A entrega das

prácticas para a súa valoración
polo profesor só poderá realizarse na plataforma

Moodle e dentro do plazo indicado
en cada caso polo profesor.

 

 III. PROBA DE CONXUNTO

1. Contémplase a opción de
presentarse a unha proba de conxunto para aqueles casos excepcionais que non
permitisen a realización dos traballos relacionados no programa.

2. Esta proba estará composta
dunha parte práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha cualificación de 10.

3. A proba realizarase na data aprobada
para tales efectos polo centro. Será requisito imprescindible comunicar o
profesor con antelación suficiente a opción por este sistema e xustificar as
razóns alegadas.

 

I.V. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na
convocatoria de Xullo o 100% da nota obterase mediante a

realización dunha proba obxectiva
que podrá valorar tanto os  coñecementos
teóricos como prácticos dos alumnos. Sendo a mesma con independencia do tipo de
matrícula do alumnado (parcial ou non ).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes