Esta materia é unha continuación da Introdución á Econometría do Grao de Economía. Nos primeiros temas analízanse algunhas técnicas de Inferencia Estatística sobre os parámetros dun modelo clásico e a aplicación do modelo con fins predictivos. A segunda parte refírese, basicamente, á extensión do modelo clásico ao suposto do incumprimento dalgunhas hipóteses sobre a perturbación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías