A razón de ser desta asignatura é introducir ao alumnado nas principais cuestións que son campo de estudo da socioloxía política (análise da política no seu contexto social), considerado desde un punto de vista multidisciplinar, que se ocupa das relacións entre a sociedade, prestando especial atención a aqueles temas que en función das cambiantes circunstancias da realidade teñan maior actualidade.
O obxectivo non é só a transmisión de coñecementos senon que tamén se pretende transmitir habilidades e capacidades (de adaptación, de búsqueda de información, de sistematización de ideas, etc.) e trasladar ao alumnado unha actitude analítica, de entendemento e respeto, tanto no que se refire aos contidos científicos como ás opinións que se emitan en clase a partir da discusión de diversos temas e feitos sociais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías