Descrición xeral |
Na materia de Proxectos 1 establécese como obxectivo o achegamento ao proxecto arquitectónico, de modo que o alumno adquira destrezas en idear e describir un obxecto arquitectónico, considerando que o pensamento proxectual desenvólvese e exprésase a través da linguaxe arquitectónica.
Destrezas que deben de ser adquiridas:
1. Coñecer a relación entre idear e representar: con maquetas e/ou con debuxos.
2. Coñecer os elementos de composición primarios: liña, plano-superficie, volume.
3. Aprender a medir: relacións métricas e antropométricas.
4. Manexar o sistema diédrico como ferramenta de ideación e narración do proxecto.
O proxecto arquitectónico é o resultado do proceso proyectual (creativo) do individuo, sendo subxectivo e intransferible. A aprendizaxe do proxecto é unha aprendizaxe "de acción": apréndese a proxectar, proxectando e analizando (debuxando), os proxectos doutros. Apréndese a proxectar como resulta do estudo, a conversación, a reflexión e a observación, o que permite adquirir o coñecemento dos elementos citados, o uso correcto e a interpretación sensible e persoal dos mesmos |