A materia tenta proporcionar unha comprensión global dos fundamentos históricos, políticos e científicos da paradigma dominante no pensamento xurídico contemporáneo, así como unha comprensión máis profunda do fundamento de moitas das nocións, institucións, procesos e estruturas centrais estudados ao longo da carreira, unificando e sintetizando mentalmente eses coñecementos; neste sentido, aspira a efectuar un traballo de síntese e de profundización histórica e conceptual. Ademais, preténdese introducir aos estudantes no coñecemento e a comprensión das transformacións que afectan ao dereito actual e que obrigan a revisar a paradigma dominante constituído polo positivismo xurídico.
Por outra banda, téntase mediante esta materia pór a disposición dos estudantes algúns instrumentos para a crítica da visión do Dereito recibida de modo implícito a través da aprendizaxe das diferentes materias da carreira, é dicir, da paradigma dominante.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías