O obxectivo desta materia céntrase en identificar e expor os elementos fundamentais para definir e implantar proxectos de carácter público. Para iso profundarase no coñecemento das metodoloxías de formulación, planificación, xestión, seguimento e financiamento de tales proxectos. O obxectivo é trasladar ao alumno que a actuación pública estruturada en proxectos, plans e orzamentos é fundamental para conseguir unha xestión eficiente dos recursos e a consecución dos obxectivos específicos previamente formulados.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías