|
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
| A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
| A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
| A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
| A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
| A13 |
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención. |
| A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
| B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
| B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
| B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
| B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
| B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
| C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
| C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
| C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
| C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
| C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |