| Código | Competencias / Resultados do título | 
          
	    
          
              
            | A1 | Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. | 
           	    
          
              
            | A2 | Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. | 
           	    
          
              
            | A3 | Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. | 
           	    
          
              
            | A5 | Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. | 
           	    
          
              
            | A7 | Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. | 
           	    
          
              
            | A8 | Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos | 
           	    
          
              
            | A9 | Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. | 
           	    
          
              
            | A14 | Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. | 
           	    
          
              
            | A20 | Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. | 
           	    
          
              
            | A21 | Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. | 
            
      
	    
          
              
            | B2 | Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. | 
           	    
          
              
            | B3 | Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. | 
           	    
          
              
            | B5 | Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. | 
           	    
          
              
            | B6 | Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. | 
            
      
	    
          
              
            | C1 | Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. | 
           	    
          
              
            | C3 | Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. | 
           	    
          
              
            | C6 | Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. | 
           	    
          
              
            | C7 | Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |